IndiceGaleríaFAQBuscarRegistrarseConectarse
Publicar nuevo tema   Responder al tema
 

PINCHA AQUÍ PARA COLGAR O TEU RELATO

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Ir abajo 
AutorMensaje
Admin
Admin



Inscrito el : 20 Abr 2007
Mensajes : 10

MensajeTema: PINCHA AQUÍ PARA COLGAR O TEU RELATO   Miér Mayo 02, 2007 10:46 am

SO TES QUE RESPONDER A ESTA MENSAXE ESCRIBINDO O TEU RELATO XUNTO CO TEU NOME E OS TEUS APELIDOS.
PARA CALQUERA DÚBIDA, PÁSATE POLA CASA DA CULTURA DE O VICEDO.


Última edición por el Jue Mayo 03, 2007 4:08 pm, editado 1 vez
Volver arriba Ir abajo
Olga
Huésped




MensajeTema: Re: PINCHA AQUÍ PARA COLGAR O TEU RELATO   Jue Mayo 24, 2007 9:09 am

A vida é cruel.

Esta é a historia real dunha vida coma moitas que hai en todo o mundo.
Son unha moza normal, con ganas de vivir e con toda a ilusión de ser feliz, pero Deus non o quixo.
Crieime en Zaragoza, fixen uns estudios normais, fun guapa e, máis que nada, lúcida. A simpatía saíame polos cos, tiña algo que gustaba moito.
Un mozo de Venezuela veu a Zaragoza para ir á universidade. El era de moi boa familia. Coñecémonos, namorámonos e eu era a muller máis feliz do mundo.
Pasou o tempo, meu mozo acabou os estudios e regresou a Venezuela. Escribímonos, chamámonos por teléfono e decidimos casarnos por poder. Todo resultou unha maravilla.
Reclamáronme para ir a Venezuela e eu parecía flotar nas nubes.
Cando desembarquei, parecíame un soño porque meu marido era moi guapo, rico e o tiña todo, pero aquí comezou todo.
Na noite de vodas leveime unha desilusión. Eu, coma todas as mulleres, queremos cariño e mimos, pero notei algo raro. Pensei que sería algo normal, pero a medida que pasaban os días, meu corazón temíao todo.
El era homosexual. Levaba os seus amigos para a habitación.
Eu, ó verme nun pais estranxeiro, desilusionada e enferma de pena, quería morrer. Tiven que dicirllo ós meus pais e tiveron o maior desgusto da sua vida.
Pasaron os meses e eu non sabía que facer. Pedín a separación, tiven que poñerme a traballar, traballei en todo o malo que había, paseino fatal. Sabido esto, hoxe por hoxe e coa experiencia da vida, arrepíntome de facer iso, viviría unha vida normal con outros homes e eu sería a señora da casa con chofer e criados. Tiven que pasar por moitos traballos, coñecín a un portugués e vivimos uns anos xuntos, pero foi un fracaso.
Se algún día alguén lee a miña historia, aconséllolle que saboree todos os momentos bos da vida, porque os malos chegan enseguida.

Historia real dunha amiga.
Olga Casal Ríos.
Volver arriba Ir abajo
Jose
Huésped




MensajeTema: Re: PINCHA AQUÍ PARA COLGAR O TEU RELATO   Vie Mayo 25, 2007 4:39 pm

TRANSFORMACION DE A MARIÑA

Na costa lucense dos anos 50 os pobos que a compoñian vivían do mareda labranza, era moy critica a vida, gañabase moi pouco as familias eran moi largas ,as xentes empezaron a emigrar para toda Europa, outras a navegar en barcos mercantes e de pesca por todo o mundo ó bacalao ó Sur Africa e Argetina. Os pobos comezaron a prosperar co diñeiro que xuntaban as familias dos emigrantes no estraxeiro e no mar . Nas costeiras de bonito cotribuian na economia familiar e empezaron a facerse alguas casas. A partir dos 60 comezou a vivirse algo mellor, habia traballo para todos en todas partes e no mar, o que se quixera . Nos anos 80 montase unha gran empresa na zona e da traballo a decenas de pobos na redonda. A partir de ahi os pobos empezaron a medrar pouco a pouco ata a data de hoxe que as melloras son gradisimas xa que aqueles terreos que daban de comer coa axuda do mar e a emigración. Co turismo esas terras multiplicaron o seu valor xa que pagan verdadeiras fortunas por eles e os pobos quedan totalmente transformados ata o punto que non se ven nada do eran, so se ven edificios e edificios que os nativos quedanse amilagrados da transformacios de ditos pobos.

Jose Carreja.
Volver arriba Ir abajo
RaVeN




Edad : 28
Inscrito el : 25 Mayo 2007
Mensajes : 4
Localisation : Pantín

MensajeTema: Re: PINCHA AQUÍ PARA COLGAR O TEU RELATO   Vie Mayo 25, 2007 8:13 pm

Medos
Onte vino no bosco.
Tiña a cara chea de bágoas e as súas mans manchadas de sangue.
Máis tarde volteino a ver.
Chocamos de fronte ó dobla-la esquina cando eu saía da oficina.
Asusteime. Probablemente era un asasino.
O sangue que vira nas súas mans non debía ser del…
Botei a correr.
Tiña tando medo que ía coma tola e non me dei conta de que no chan había un burato.
Tropecei e manqueime. Cain e non me podía erguer. El achegábase.
Eu tiña medo. Tiña moito medo!
Xa estaba eiquí.
Cerrei os ollos.
Agardei.
E agardei…
Abrín amodiño os ollos e vin que me tendía unha man.
Axudoume a erguerme e acompañoume ó doutor.

Máis tarde souben que o sangue era do seu canciño. Alguén llo atropellara.

Fátima Grandal Rodríguez.

Bueno velahí queda a miña aportación inda que non sei se podo participar, xa que eu non son do Vicedo, son do concello de Valdoviño, na Coruña Very Happy
De tódolos xeitos ahí queda o meu contiño, non me importa se non pode ir a concurso Wink
Quero aproveitar para dicir que me gustaría que seguise adiante o foro despois de rematar o concurso para poder falar de outras cousas pois eu visito a zona de Mañón e O Vicedo a miúdo, porque me encanta e gustaríame seguise isto adiante para falar con xente de ahi, que coñece a zona mellor que min, das cousas que se poden visitar. Inda que hoxe que descubrin a web do concello me enterei de certas cousas pero gustaríame poder manter contacto coa xente deste xeito.
Unha das cousas que máis me impresionou do que levo visto foi a Ponte do Porto.
Lin que a Illa Coelleira estivo habitada ata inda non fai moito por un fareiro. Entón o edificio que se ve alí é un faro?? Eu pensaba que eran os restos dun convento ou algo polo estilo. Espero se poda seguir usando o foro para falar destos temas. Non agardo a que alguén me resposte aquí se efectivamente houbo algun convento ou similar na illa para non desvirtuar o tema dos relatos, pero se se permiten crear novos temas neste foro estaría encantada de falar diso e de moitas cousas máis Very Happy



Saúdos a tod@s
Volver arriba Ir abajo
Admin
Admin



Inscrito el : 20 Abr 2007
Mensajes : 10

MensajeTema: CONCURSO RELATOS CURTOS EN GALEGO   Mar Jul 03, 2007 11:34 am

Ben, finalmente o concurso quedou deserto por pouca participación, coma se contemplaba a posibilidade nas bases.

Un saúdo.
Volver arriba Ir abajo

PINCHA AQUÍ PARA COLGAR O TEU RELATO

Ver el tema anterior Ver el tema siguiente Volver arriba 
Página 1 de 1.

Permiso de este foro:Puedes responder a temas en este foro.
 :: DEIXA AQUÍ O TEU RELATO CURTO EN GALEGO-
Publicar nuevo tema   Responder al tema